jueves, marzo 27, 2014

Como coidar unha tartaruga semiacuática.

  • O primeiro que temos que facer e mercar un acuario o suficientemente grande como para que a nosa tartaruga poida nadar libremente nel. En boas condicions medraran moito e en dous anos xa serán grandiñas.
  • Tamén necesitaremos mercar un quentador, para que nos quente a auga á temperatura desexada. A temperatura axeitada son 24 graos. O quentador ten que ter a potencia axeitada ao tamaño do acuario.
  •  Tamén necesitaremos un termómetro dixital, para comprobar que a temperatura é a axeitada. 
Poñer unha zoa seca é importantísimo. As tartarugas non sempre estarán na auga, elas necesitan unha zoa seca onde poidan tomar o sol. Hai unhas illas flotantes que son unha marabilla.
As tartarugas son reptís, polo que necesitan a luz do sol. Así terán un caparazón forte e san. Pero como non toda a xente pode dispoñer dun lugar onde poñelas ao sol, hai uns tubos fluorescentes da marca Repti Glo que son moi bos. Teñen raios UVA e UVB. Os seus efectos só duran un ano.
Tamén necesitaremos un filtro xa que facilitaranos o cambio da auga. As tartarugas comen e fan as súas necesidades na auga polo que é importantísimo que esté moi limpa. Así nin cheirará mal nin a nosa tartaruga collerá infecións.
Depois de probar con varios filtros eu recomendo os da marca Eheim, xa que hai repostos de esponxas, tubos, etc.
Para o filtro necesitaremos carbón e siporax.
  • O óso de sepia  a tartaruga de calcio.Farán que as nosas tartarugas teñan a cuncha dura, xa que lles aporta calcio. Eu persoalmente prefiro o óso se sepia.
  • Comida: As tartarugas son moi voraces, se fose por elas estarían todo o día comendo. Cando son pequenas o mellor e darle de comer tres veces ao día, de adultas con tres veces á semana xa chega. A cantidade recomendada é a que podía comer nuns minutos e a que sobre hai que retirarlla, para que non lle ensucie a auga.
  • Poden comer: peixe fresco, carne, polo, cenoiras, gambas frescas, a xema do ovo, etc. O mellor é darlle a comida que xa ven preparada para elas xa que hai un montón de variedades de pienso que posuen as vitaminas que necesitan.

Aquí podedes ver o texto en castelán, que ademais posúe fotografías.
           

Kai y Tetto




A Tetto le gusta ponerse encima del acuario de Kai. Allí está calentito y cuando Kai está en la isla, la observa por una pestaña q tiene la tapa.